Marilyn Manson | |
---|---|
Marilyn Manson no festival Eurockéennes do 2007 | |
Orixe | Fort Lauderdale, Florida, |
Período | 1989 - actualidade |
Xénero(s) | rock alternativo, metal alternativo, glam rock, shock rock, rock industrial |
Selo(s) discográfico(s) | Interscope Records, Nothing |
Membros | Brian Warner Tim Skold Madonna Wayne Gacy Ginger Fish Rob Holliday |
Antigos membros | Daisy Berkowitz Twiggy Ramirez Sara Lee Lucas Gidget Gein |
Artistas relacionados | Rob Zombie, Nine Inch Nails, Jack Off Jill, Godhead, Mrs. Scabtree |
Na rede | |
marilynmanson.com | |
Marilyn Manson é unha banda de metal alternativo estadounidense xurdida a finais dos anos 80 no sur de Florida. Nun principio, Manson escribía poesías, pero ao ver que os seus "poemas" non caían ben, e seguindo o "consello" dun dos que escoitaban os seus poemas, decidiu poñerlles música e transformalos en cancións.
O líder e fundador do grupo é Marilyn Manson, cuxo nome real é Brian Warner. A elección deste nome, corresponde á fusión entre a actriz Marilyn Monroe e o asasino Charles Manson, a través do cal quérese representar a dualidad entre o ben e o mal, entre os extremos do glamour e beleza de Marilyn Monroe e a brutalidade e escuridade de Charles Manson.