Marilyn Monroe (1953) |
|
Nacemento | (en) Norma Jeane Mortenson 1 de xuño de 1926 Os Ánxeles (Estados Unidos de América)
|
---|
Morte | 4 de agosto de 1962 (36 anos) Brentwood, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | suicidio, sobredose de barbitúricos |
---|
Lugar de sepultura | Westwood Village Memorial Park Cemetery (pt) , Corridor of Memories, Crypt 24 34°03′30″N 118°26′23″O / 34.05847, -118.43979 |
---|
Outros nomes | Marilyn Monroe |
---|
Relixión | Judaísmo ateístico (pt) e cristianismo |
---|
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles - ciencia da literatura, arte (1951–1962) Escola Secundaria de Van Nuys University High School (en) Actors Studio (pt) |
---|
Altura | 165 cm |
---|
Cor dos ollos | Azul |
---|
Cor do pelo | Louro e cabelos castaños claros |
---|
|
Ocupación | actriz de cinema, autobiógrafa, Playmate, modelo, cantante, modelo, produtora, actriz |
---|
Período de actividade | 1945 - 1962 |
---|
Profesores | Lee Strasberg e Constance Collier |
---|
Instrumento | Voz e ukelele |
---|
Selo discográfico | RCA Records |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Arthur Miller (1956–1961), divorcio Joe DiMaggio (1954–1955), divorcio James Dougherty (1942–1946), divorcio |
---|
Parella | John F. Kennedy |
---|
Pais | Charles Stanley Gifford e Gladys Pearl Baker |
---|
Irmáns | Berniece Baker Miracle |
---|
|
|
5 de agosto de 1962 | Morte de Marilyn Monroe (pt)
|
|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, Babepedia Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
---|
Sitio web | marilynmonroe.com |
---|
|
Marilyn Monroe[1][2], de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962,[3] foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960,[4] chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.[5]
Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950). Empezou a ser coñecida mundialmente despois de protagonizar o musical Os cabaleiros prefírenas loiras (1953) e aparecer no número inaugural da revista Playboy.[6]
Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario, 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.[7]
Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor James E. Dougherty de 1942 a 1946, co xogador de béisbol Joe DiMaggio, en 1954, e logo co dramaturgo Arthur Miller, entre 1956 e 1962.
Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do suicidio, pero nunca puido ser corroborada.[7]
O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos.
- ↑ O 23 de febreiro de 1956, en Nova York, conseguiu que este fose o seu nome oficial.
- ↑ "Páxina oficial de Marilyn Monroe". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 21 de febreiro de 2013.
- ↑ "Marilyn Monroe Biography". Biography.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- ↑ Obituary Variety, 8 de agosto de 1962, páxina 63.
- ↑ Biografías e Vidas. "Biografía completa de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 10/02/2013. .
- ↑ Publispain. "Biografía de Marilyn Monroe" (en español). Arquivado dende o orixinal o 12/04/2020. Consultado o 30/06/2013.
- ↑ 7,0 7,1 Mis respuestas. "Quién fue Marilyn Monroe ?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07/08/2020. Consultado o 17/08/2013.