Marineda City | |
---|---|
![]() Lateral do complexo comercial. | |
Tipo | Comunidade de Propietarios |
Fundación | 2011 |
Matriz | Merlin Properties |
Localización | Estrada Baños de Arteixo, 43. 15008 A Coruña ![]() |
Fundador | Invest Cos, dende 2014 propiedade de Merlin Properties |
Industria | Servizos |
Número de empregados | 4.000[1] |
Na rede | |
http://www.marinedacity.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Marineda City ou Marineda City Ocio, Shopping & Business é un complexo comercial e de lecer da cidade da Coruña situado no polígono da Grela, preto do concello de Arteixo. O complexo debe o seu nome ao sobrenome co que a escritora Emilia Pardo Bazán se refería á cidade herculina nas súas novelas.
O centro comercial foi construído e xestionado por Invest Cos. Custou preto de 450 millóns de euros.[2] Nos comezos Manuel Jove era propietario do 33,3%, José Collazo do 30%, José Antonio Souto do 20% e Modesto Rodríguez do 16,6%. O centro comercial foi mercado por Merlin Properties en 2014, pagou 260 millóns de euros[3].