Marinera | |
---|---|
Orixe musical | Zamacueca |
Orixe cultural | Perú |
Instrumentos típicos | Guitarra, Charango, Contrabaixo, Arpa, Acordeón, pandeiro, guitarrón, Trompetas |
Subxéneros | |
Marinera limeña Marinera norteña Marinera serrana | |
A marinera é un ritmo e un baile de parella solto, o máis coñecido da costa do Perú. O baile representa o asedio amoroso a unha muller por parte dun home e caracterízase polo uso de panos que van trazando figuras no ar mentres se baila, estes son normalmente en forma de oitos (8). Este é un baile mostra do mestizaxe hispano-amerindio-africano, entre outros.
A súa orixe atribúese a un baile colonial chamado zamacueca, que era moi popular no século XIX. De todos os xeitos, existen diversas teorías ou correntes sobre a súa orixe e evolución.
O 30 de xaneiro de 1986, as formas coreográficas e musicais da marinera en todas as súas variantes rexionais foron declaradas Patrimonio cultural da nación peruana polo Instituto Nacional de Cultura do Perú,[1] sendo esta a primeira declaratoria desta orde outorgada polo estado peruano.