Marquee Moon

Marquee Moon
Álbum de Television
Publicado8 de febreiro de 1977
Gravaciónsetembro de 1976
Estudio(s)A & R Recording en Nova York
Duración45:54
Xénero(s)post-punk, rock, art punk
Selo(s)Elektra Records
ProdutorAndy Johns, Tom Verlaine
Cronoloxía
- Marquee Moon Adventure
(1978)
Na rede
Spotify: 630o1rKTDsLeIPreOY1jqP Discogs: 6202 Allmusic: mw0000193524 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marquee Moon é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock Television, publicado o 8 de febreiro de 1977 a través do selo Elektra Records. Nos anos anteriores ao disco o grupo convertérase nunha prominente peza da escena musical de Nova York e xerara o interese de bo número de selos discográficos. Television ensaiu intensamente na preparación de Marquee Moon e, tras asinar con Elektra Records, gravou o traballo no estudio A & R Recording en setembro de 1976. Foi producido polo líder da banda Tom Verlaine e o enxeñeiro Andy Johns.

En xullo de 2016 a publicación dixital Paste colocouno no posto 1 da súa lista dos 50 mellores álbums de post-punk.[1]

  1. Jackson, Josh (13 de xullo de 2016). "The 50 Best Post-Punk Albums" (en inglés). Paste. Consultado o 26 de setembro de 2018. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne