O martelo é unha ferramenta utilizada para golpear un obxectivo, causando o seu desprazamento ou deformación. O seu uso máis común é para cravar, calzar partes ou romper obxectos. Os martelos son a miúdo deseñados para un propósito especial, polo que os seus deseños son moi variados.
A forma básica do martelo consiste dun mango ou cabo (comunmente de madeira) cunha cabeza pesada (comunmente de metal) no seu extremo. Os martelos son utilizados en diferentes profesións e é unha das ferramentas básicas xunto co coitelo.
Ó igual que o coitelo, o martelo é tamén unha arma contundente. O concepto de pór un mango a un peso para facilitar o seu uso produciu algunhas das primeiras ferramentas ou armas producidas polos seres humanos.