Commonwealth of Massachusetts (en) | |||||
Himno | All Hail to Massachusetts (en) (1981) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Ense petit placidam sub libertate quietem (en) » | ||||
Símbolo oficial | Poecile atricapillus (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Bay State | ||||
Epónimo | Great Blue Hill (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Boston | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.029.917 (2020) (257,17 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 2.646.980 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 27.336 km² | ||||
Auga | 26,1 % | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 150 m | ||||
Punto máis alto | Monte Greylock (pt) (1.063 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Atlántico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 6 de febreiro de 1788 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | government of Massachusetts (en) | ||||
• Governor of Massachusetts (en) | Maura Healey (pt) (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Corte Xeral de Massachusetts , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal Judicial de Massachusetts (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-MA | ||||
Identificador GNIS | 606926 | ||||
Sitio web | mass.gov | ||||
A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira co Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación. O seu nome provén dunha voz indíxena local que significa "lugar do monte grande" e historicamente fixo parte das 13 colonias orixinais que se rebelaron contra o Reino Unido na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.
Massachusetts é o centro económico, cultural e educativo de Nova Inglaterra, e tamén o estado máis populoso da rexión, con aproximadamente a metade de toda a súa poboación. A capital e a maior cidade é Boston, capital financeira, de transportes e educativo do estado e de Nova Inglaterra.
A rexión onde está localizado o estado foi unha das primeiras en ser colonizada polos británicos. A provincia colonial de Massachusetts foi fundada en 1620 (só a provincia colonial de Virxinia foi fundada antes). Massachusetts é famoso no país por ser pioneira en diversas áreas: o primeiro xornal foi publicado en Massachusetts, e a primeira biblioteca pública tamén, a primeira institución americana de educación superior foi fundada aquí en 1636. Posteriormente, o estado construiría as primeiras escolas públicas de ensino de segundo grao no país, durante a década de 1820.
Massachusetts foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron contra o dominio británico en 1775, na Revolución Americana de 1776. Varios eventos que levaron ao inicio da guerra ocorreron en Massachusetts, así como as primeiras batallas da guerra. O 6 de febreiro de 1788, Massachusetts ratificou a constitución americana, converténdose así no sexto estado dos Estados Unidos de América.
O nome do estado vén da tribo indíxena masachusett, unha tribo indíxena pertecente á familia dos algonquinos. Masachusett significa no idioma algonquino Próximo á gran montaña, unha referencia ao Great Blue Hill, unha montaña localizada ao sur de Boston.
O alcume máis coñecido do Massachusetts é The Bay State. A orixe vén da localización do primeiro asentamento permanente fundado en Massachusetts, ás marxes da Baía de Massachusetts. O xentilicio é Bay Staters. Outros nomes menos usados son The Old Colony State, The Puritan State e The Baked Bean State.
O estado é famoso internacionalmente pola calidade das súas universidades privadas, entre as cales salientan a Universidade Harvard e mailo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, así como os numerosos Colleges como Wellesley College. Tamén é coñecido polos sitios de veraneo, como o famoso Cape Cod, e moitos outros lugares de Nova Inglaterra.
Tamén é coñecido por ser o primeiro estado do país en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.