Mayda Insula | |
---|---|
![]() | |
Unha imaxe de radar da grande illa situada no norte do Kraken Mare. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Insula |
Accidente xeolóxico de | Titán |
Dimensións | 90 x 150 km[1] |
Coordenadas | 79° N 310° O [1] |
Procedencia do nome | Mayda, unha lendaria illa do nordeste do atlántico norte[2]. |
* O norte apunta cara a esquina inferior esquerda. |
Mayda Insula é unha illa situada no norte do gran lago Kraken Mare, un lago de hidrocarburos que está dentro do polo norte da lúa de Saturno, Titán. Recibiu o seu nome oficial o 11 de maio do 2008 en relación a Mayda, unha lendaria illa do nordeste do atlántico norte.[2]
A illa posúe unha dimensións de 90 x 150 kms, ten aproximadamente o mesmo tamaño cá Illa Kodiak de Alasca e cá illa principal do arquipélago de Hawai. Hoxe en día e despois da obtención de imaxes por radar, sospéitase que esta illa non é realmente unha illa, senón que é unha península conectada a terra por un longa aínda que posiblemente estreita ponte de terreo firme.[1]
O seu status coma mar de hidrocarburos foi confirmado polas imaxes e datos obtidos por radar. Só unha porción do mar foi escaneada por radar, pero coma se pode ver na imaxe da caixa de información, o seu tamaño é moito máis grande, coma así reflicte a imaxe de fondo feita no espectro visible.