(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) James Herbert Keenan 17 de abril de 1964 (60 anos) Ravenna, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Kendall College of Art and Design (pt) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtor musical, compositor |
Período de actividade | 1986 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
Sitio web | puscifer.com |
|
James Herbert Keenan, coñecido como Maynard James Keenan, nado en Ravenna (Ohio) o 17 de abril de 1964, é un músico, compositor, produtor, actor e vinicultor estadounidense. É o vocalista de Tool dende 1990 e de A Perfect Circle dende 1999. Ademais participa en Puscifer e foi membro do proxecto paralelo de Nine Inch Nails Tapeworm.
Despois de medrar en Ohio e Míchigan, Keenan uniuse ao Exército estadounidense despois de graduarse no instituto. Tras deixar o Exército estudou no Kendall College of Art and Design en Grand Rapids, Míchigan. En 1988 mudouse aos Ánxeles para traballar no deseño de interiores e na construción de escenarios, e alí acabou formando Tool con Adam Jones pouco despois.