Medalla de Honra | |
---|---|
Entréganse tres versións distintas da Medalla de Honra. Na fotografía pódense ver as versións do Exército (esquerda), a Armada, os Marines e os Gardacostas (centro) e a Forza Aérea (dereita). | |
Outorgada polos Estados Unidos de América | |
Tipo | Orde de colar de grado único |
Elixibilidade | Só persoal militar |
Outorgada por | "Valentía e intrepidez con risco da propia vida, máis aló da chamada do deber, estando en combate contra un inimigo dos Estados Unidos" |
Estado | Entrégase |
Estadísticas | |
Primeira outorgada | 25 de marzo de 1863 (Guerra civil estadounidense) |
Última outorgada | 23 de outubro de 2017.[1] |
Outorgadas totais | 3.517[2] |
Póstumas | 621[2] |
Premiados | 3.498[2] |
Precedencia | |
Seguinte maior | - |
Seguinte menor | Cruz por Servizo Distinguido, Cruz da Armada, Cruz da Forza Aérea |
A Medalla de Honra (en inglés: Medal of Honor) é a máxima condecoración entregada nas Forzas Armadas dos Estados Unidos. É coloquialmente coñecida, aínda que de xeito errado, como a Medalla de Honra do Congreso (Congressional Medal of Honor) xa que é entregada polo Presidente quen a presenta "en nome do Congreso dos Estados Unidos"."[3][4] O criterio para a súa entrega é "valentía e intrepidez con risco da propia vida, alén da chamada do deber, estando en combate contra un inimigo dos Estados Unidos".
Todos os membros das Forzas Armadas poden ser condecorados coa Medalla, e cada unha das súas pólas conta cun deseño propio, agás o Corpo de Marines e os Gardacostas, que reciben a mesma versión que a Armada. A Medalla adoita ser entregada persoalmente polo Presidente dos Estados Unidos de América ó condecorado ou, no caso de que se outorgue a título póstumo, a unha persoa que a recolle no seu nome. Xa que é unha medalla de alto nivel, recibe protección especial das leis estadounidenses.[5]
A Medalla de Honra é unha das dúas condecoracións de colar outorgadas polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, e é a única que se entrega ós membros das mesmas. O grao de Comandante da Lexión do Mérito autorízase para dignatarios non estadounidenses, usualmente equivalentes a xefes militares do gabinete dos Estados Unidos. O persoal do exército pode ser condecorado co grao de Lexionario da Lexión do Mérito, que é unha medalla tradicional suspendida.[6]
En 2011, a Casa da Moeda dos Estados Unidos emitiu, co gallo do 150 aniversario desta condecoración, o coñecido como dólar de prata conmemorativo da Medalla de Honra.[7][8]