Media lengua Chaupi-shimi | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Quichuañol | |
Falado en: | Ecuador | |
Rexións: | Provincia de Imbabura e Provincia de Cotopaxi | |
Total de falantes: | ~2 600 (2005, 2011)[1][2] | |
Familia: | Crioulo Español crioulo con kichwa Media lengua | |
Escrita: | Latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | mue
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
Media lengua ou chaupi-shimi (tamén chamado quichuañol) é unha lingua mixta entre o castelán e o kichwa. En termos de vocabulario, case tódolos lexemas (arredor do 89%),[1][3] incluíndo o vocabulario principal, teñen orixe castelá adaptada á fonotáctica kiwcha. Media lengua é un dos poucos exemplos coñecidos dunha "lingua mixta bilingüe" pola súa división entre as raíces e os sufixos.[4][5] Unha división tan extrema e sistemática é moi pouco frecuente e media lengua non é descrita polo xeral como unha variedade do kichwa ou do castelán. Arends et al., clasifica dúas linguas baixo o nome media lengua: Media lengua de Salcedo e Media lengua de Saraguro.[6] A variedade setentrional de media lengua, na provincia de Imbabura, é descrita como media lengua de Imbabura[2][7] e máis especificamente, as variedades dialectais da provincia son coñecidas como media lengua pijal e angla.[1]