Megaloceros Rango fósil: Plioceno-Plistoceno | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Especies de "Megaloceros", de esquerda a dereita: M. savini, M. cazioti, M. obscurus, M. pachyosteus, M. giganteus e M. verticornis. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
e véxase o texto |
Os cervos do xénero extinto Megaloceros - (do grego: megalos + keras, literalmente "corno grande"); véxase tamén Lister (1987)[1] - que foron achados a través da Eurasia do Plioceno até o Plistoceno superior, foron herbívoros moi expandidos durante as idades do xeo. A especie maior, M. giganteus, denominada comunmente como o "alce irlandés" ou "cervo xigante", é tamén a máis coñecida.
Moitos dos membros deste xénero eran animais grandes que preferían ambientes de pradeiras ou bosques abertos, con moitas especies cunha media de algo menos de 2 metros de altura até a cruz. Moitas especies mediterráneas, por outro lado, son exemplos clásicos de ananismo insular, como a especies da Sardeña (e tamén Córsega; ambas illas estiveron unidas durante a maior parte do Plistoceno) M. cazioti, que chegaría a 1 metro de alto. As varias especies do xénero cretense Candiacervus - a menor das cales, C. rhopalophorus só medía 65 cm de alto até os ombros - que ás veces son incluídas en Megaloceros como un subxénero.
Como se podería deducir do nome "alce irlandés", a especie maior tiña certa similitude morfolóxica cos actuais alces. Mais, demostrouse que isto era unha consecuencia do incremento de tamaño. En realidade, estaba máis emparentado cos actuais gamos (xénero Dama, de modo que Megaloceros foi parte dunha ampla radiación de finais do Neoxeno de parentes dos gamos dos cales só persisten dous taxóns na actualidade.(Lister et al. 2005, Hughes et al. 2006)
O número de especies no xénero Megaloceros é controversial: algunhas veces o xénero úsase de maneira moi restrinxida. No caso máis extremo, limítase a M. antecedens e M. giganteus, sendo as outras separadas en Praemegaceros (liñaxe europea) e Sinomegaceros (liñaxe de Asia oriental). Aínda que o último é probablemente válido como subxénero, o primeiro taxón require de máis investigación sobre as súas relacións con Megaloceros sensu stricto e con Candiacervus en particular.