Mellon Collie and the Infinite Sadness | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Smashing Pumpkins | ||||
Publicado | 24 de outubro de 1995 | |||
Gravación | marzo - agosto de 1995 | |||
Estudio(s) | Pumpkinland, Sadlands, Bugg Studios, The Village Recorder | |||
Duración | 121:50 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Virgin Records | |||
Produtor | Alan Moulder, Billy Corgan e Flood | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Mellon Collie and the Infinite Sadness (tamén acurtado como Mellon Collie ou abreviado a MCIS) é un dobre CD e triplo LP que foi editado o 24 de outubro de 1995 pola banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins a través do selo Virgin Records. No álbum aparece unha ampla gama de estilos, así como unha maior contribución musical por parte da baixista D'arcy Wretzky e do segundo guitarrista James Iha. Foi producido polo líder do grupo Billy Corgan con Flood e Alan Moulder.
Empurrado polo sinxelo "Bullet with Butterfly Wings", o traballo estreouse no número 1 das listas da Billboard, vendendo 246.500 copias na súa primeira semana. Do álbum esditáronse cinco sinxelos máis durante 1996: "1979", "Zero", "Tonight, Tonight", o promocional "Muzzle" e "Thirty-Three". O disco foi certificado diamante pola RIAA ao vender 10 millóns de unidades.[1]
No mes de febreiro do 2011 foi elixido polos lectores da revista Rolling Stone o noveno mellor álbum dos anos 90[2].