Mellow Gold | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Beck | ||||
Publicado | 1 de marzo de 1994 | |||
Gravación | 1993 | |||
Duración | 47:36 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, ati-folk, lo-fi, country alternativo | |||
Selo(s) | DGC | |||
Produtor | Beck Hansen, Tom Rothrock, Rob Schnapf, Karl Stephenson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Mellow Gold é o terceiro álbum do músico estadounidense de rock alternativo Beck, así como a súa estrea cun gran selo, a DGC. Mellow Gold foi editado o 1 de marzo de 1994, cando o seu tema "Loser" estaba no punto máis alto da súa popularidade. A decidida actitude comercial de Mellow Gold converteuse por sorpresa nun éxito comercial, e o álbum conseguiu ser disco de platino. Debido á novidade do estilo de "Loser", O éxito de Beck foi percibido inicialmente coma puntual, pero a súa seguinte edición, o aclamado Odelay, confirmaron o seu talento.
Nun esforzo de introducir o álbum en tendas como Wal-Mart e Kmart, que non venden discos coa etiqueta "parental advisory", foi editada unha versión "limpa" do traballo.
Mellow Gold acadou o número 13 nos Estados Unidos e o 41 no Reino Unido. No mes de xullo do 2008 Mellow Gold levaba vendidas 1,2 millóns de copias só nos Estados Unidos.