Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
A mercadotecnia é «o proceso social e administrativo polo cal os grupos e individuos satisfán as súas necesidades ao crearen e intercambiaren bens e servizos».[1] Segundo Philip Kotler, considerado pai da mercadotecnia, a mercadotecnia ten moitas definicións[2], como a que afirma que a mercadotecnia é a ciencia de satisfacer as necesidades dos clientes dun xeito rendible. A mercadotecnia involucra estratexias de mercado, de vendas, estudo de mercado, posicionamento de mercado etc. Frecuentemente confúndese este termo co da publicidade, sendo o derradeiro unha ferramenta da mercadotecnia.
Tamén se coñece co termo márketing,[3] que provén do verbo inglés market, que se pode traducir como vender, comercializar ou negociar ou relear unha compra ou venda, así como anunciar, promocionar ou presentar un produto. Así mesmo market tamén significa feira ou mercado.