Unha mesnada[1] era, na Península Ibérica durante a Idade Media, o conxunto de homes armados pertencentes a un rei, señor, ricohome, consello, parroquia ou distrito que formaba a unidade orgánica da hoste ou exército. Ao conxunto de normas que tiñan que cumprir os mesnadeiros chamábaselle mesnadaría, así como ao soldo que recibían.[2]