Messerschmitt Bf 109 | |
---|---|
![]() Bf 109G-2 | |
Tipo | caza |
Fabricante | Messerschmitt |
Deseñado por | Willy Messerschmitt |
Primeiro voo | 28 de maio de 1935 |
Introducido | febreiro de 1937 |
Estado | retirado |
Principais usuarios | Luftwaffe Forza Aérea de Hungría Aeronáutica Nacional Republicana Real Forza Aéra de Romanía |
Unidades construídas | 33 984 |
Variantes | Avia S-99/S-199 Hispano Aviación HA-1112 |
O Messerschmitt Bf 109 foi un caza alemán usado na guerra civil española e na segunda guerra mundial. Realizou o seu primeiro voo en maio de 1935 e entrou en acción a principios de 1937 durante a guerra civil española. Foi un dos mellores cazas alemáns da segunda guerra mundial, superado unicamente polo Fw 190. Era un dos cazas máis avanzados no momento da súa aparición, cunha construción monocasco totalmente metálica, unha cabina pechada, e tren de aterraxe retráctil. Estaba implsado por un motor V12 invertido refrixerado por líquido.[1] Foi chamado Me 109 polas tripulacións aliadas e algúns ases alemáns, aínda que non era a designación oficial alemá.
Foi deseñado por Willy Messerschmitt e Robert Lusser que traballaban en Bayerische Flugzeugwerke a princios dos anos 30.[1] Foi concibido como interceptor, aínda que posteriores modelos desenvolvéronse para realizar múltiples tarefas, servindo como escolta de bombardeiros, cazabombardeiro, caza todotempo, avión de ataque ao chan, e recoñecemento. Foi subministrado a varios países durante a segunda guerra mundial e operou con moitos deles durante moitos anos tras a guerra. O Bf 109 é o caza máis producido da historia, cun total de 33 984 unidades fabricadas dende 1936 ata abril de 1945.[2] Parte da produción do Bf 109 levouse a cabo en campos de concentración nazis con mn de obra escrava.