Metamorfoses

Se procura pola obra de Apuleio, Metamorfoses vexa O asno de ouro
Virgil Solis (1514-1562). Metamorfoses

Metamorfoses[1] é un libro de Publio Ovidio Nasón escrito no século I a.C. que é un extenso poema de máis de 12.000 exámetros e reúne os relatos de numerosos mitógrafos gregos anteriores nunha colección de lendas etiolóxicas clasificadas cronoloxicamente dende o Caos orixinario ata a época de Augusto, incluíndo tamén a do propio César, metamorfoseado en astro.

  1. Existe tradución ao galego feita por Xosé Antón Dobarro Posada (ed. Galaxia, 2004).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne