Metro de Nova York | |||
---|---|---|---|
![]() ![]() Convoi do Metro de Nova York na estación do World Trade Center. | |||
Información | |||
Cidade | Nova York, Estados Unidos | ||
Liñas | 24 | ||
Sitio web | mta.info | ||
Operacións | |||
Inauguración | 9 de outubro de 1863 (primeira operación de ferrocarrís) 27 de outubro de 1904 (primeira sección subterránea) | ||
Operador(es) | New York City Transit Authority | ||
Rede | 394 km 1 361 km (lonxitude total das vías) | ||
Vel. máxima | 89 km/h | ||
|
O Metro de Nova York (en inglés: New York City Subway) é o sistema de transporte ferroviario urbano máis grande dos Estados Unidos e un dos máis grandes do mundo, con entre 420 e 475 estacións (dependendo de como se contabilicen os puntos de transbordo: a MTA usa 469 como número oficial de estacións) e 1.062 quilómetros de vías primarias en servizo. Se se contan as vías secundarias en talleres e cocheiras o total ascende a 1.361 km.
É operado pola Autoridade de Tránsito da Cidade de Nova York (New York City Transit Authority en inglés), denominándose coloquialmente MTA New York City Transit por parte da Autoridade Metropolitana de Transporte (Metropolitan Transportation Authority en inglés, MTA polas súas siglas) da que é unha axencia afiliada. As dúas son axencias creadas polo Estado de Nova York, en 1953 e 1968, respectivamente, para explotar os transportes de titularidade pública da cidade no caso de New York City Transit Authority, e para supervisar o transporte público na Rexión da Cidade de Nova York no caso da MTA.