Metro de Sevilla

Metro de Sevilla

Interior da Estación de Cocheras.
Información
DonoXunta de Andalucía
CidadeSevilla, España
TipoMetro lixeiro
Liñas1
Estacións22
Sitio webmetro-sevilla.es
Operacións
Inauguración2 de abril de 2009
Vel. máxima70 km/h
Mapa da rede

O Metro de Sevilla é unha rede de ferrocarril metropolitano lixeiro que opera na cidade andaluza de Sevilla, en España. A primeira liña foi inaugurada o 2 de abril de 2009, aínda que na data de inauguración só se puxo en funcionamento en torno ao 80 % do trazado con 17 das 22 estacións previstas, todas as restantes (salvo a estación de Guadaíra) estiveron operativas meses máis tarde, no outono dese mesmo ano. Actualmente é a quinta rede de metro de España en canto ao número de persoas transportadas e quilómetros explotados.

A liña 1 conta cun total de 22 estacións repartidas por catro termos municipais do área metropolitana, a cuarta de España con máis de 1 500 000 habitantes. A tipoloxía desta primeira liña é subterránea polos núcleos urbanos polos que transcorre, e en viaduto ou en superficie con plataforma 100% segregada nas zonas non urbanizadas do exterior dos municipios.

A rede de Metro de Sevilla foi a sexta inaugurada en España, por detrás dos metros de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, e Palma de Mallorca. Á súa vez, foi o primeiro dos metropolitanos de Andalucía en prestar servizo, por diante das redes de Málaga e Granada.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne