Metropolitan Museum of Art

The Metropolitan Museum of Art
Fachada de entrada
Coordenadas40°46′46″N 73°57′48″O / 40.779444444444, -73.963333333333
PaísEstados Unidos de América
CidadeManhattan
DirectorLuigi Palma di Cesnola, Caspar Purdon Clarke, Edward Robinson, Herbert Eustis Winlock, Francis Henry Taylor, James Rorimer, Thomas Hoving, Philippe de Montebello, Thomas P. Campbell e Max Hollein
Inauguración1870
Visitantes6 479 548 (2019)[1]
Na rede
https://www.metmuseum.org/
IMDB: co0052307 Facebook: metmuseum Twitter: metmuseum Instagram: metmuseum LinkedIn: the-metropolitan-museum-of-art Youtube: UCDlz9C2bhSW6dcVn_PO5mYw Vimeo: user86707474 Pinterest: metmuseum BNE: XX114302 GitHub: metmuseum Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Metropolitan Museum of Art (Museo Metropolitano de Arte) da cidade de Nova York, coloquialmente "The MET", é o maior museo de arte dos EUA. Con 6 479 548 visitantes nas súas tres sedes en 2019, foi o cuarto museo de arte máis visitado do mundo.[2] A súa colección permanente contén máis de 2 millóns de obras divididas en 17 departamentos. O edificio principal, no número 1000 da Quinta Avenida, ao longo da Museum Mile no bordo oriental de Central Park no Upper East Side de Manhattan, é unha das galerías de arte maiores do mundo. Un segundo lugar moito máis pequeno, The Cloisters en Fort Tryon Park en Upper Manhattan, contén unha extensa colección de arte, arquitectura e obxectos da Europa medieval. O 18 de marzo de 2016, o museo abriu o Met Breuer na avenida Madison no Upper East Side, que ampliou o programa de arte moderna e contemporánea.

A colección permanente consta de obras de arte da antigüidade clásica e do Antigo Exipto, pinturas e esculturas de case todos os mestres europeos e unha extensa colección de arte moderna e americana. O MET posúe grandes coleccións de arte africana, asiática, oceánica, bizantina e islámica. Tamén alberga coleccións enciclopédicas de instrumentos musicais, traxes e accesorios, así como armas e armaduras antigas de todo o mundo. Nas súas galerías están instalados varios interiores notables, desde a Roma do século I ata o moderno deseño americano.

O Metropolitan Museum of Art fundouse en 1870 co propósito de achegar a arte e a educación artística ao pobo estadounidense. O edificio da Quinta Avenida abriuse o 20 de febreiro de 1872, no número 681.

  1. "Visitor Figures". www.theartnewspaper.com. Consultado o 5 de decembro de 2020. 
  2. The Art Newspaper, abril de 2020

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne