Michael Jordan

Modelo:BiografíaMichael Jordan

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Michael Jeffrey Jordan Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBrooklyn
Wilmington
Highland Park Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill - xeografía cultural (1981–1986)
Emsley A. Laney High School
Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Editar o valor en Wikidata
Altura198 cm Editar o valor en Wikidata
Peso98 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, emprendedor, voceiro, beisbolista, autobiógrafo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata - 2003 Editar o valor en Wikidata
Influencias
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto
béisbol Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta, Ala, exterior e swingman Editar o valor en Wikidata
Número deportivo23 Editar o valor en Wikidata
Adestrado porPhil Jackson
Dean Smith
Stan Albeck
Kevin Loughery
Doug Collins Editar o valor en Wikidata
Convocado porChicago Bulls, 3º (19 de xuño de 1984) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1984 North Carolina Tar Heels (Escolta, swingman)
1981–1984 North Carolina Tar Heels
1984–1993 Chicago Bulls (Escolta)667(21.541)
1994–1994 Scottsdale Scorpions (exterior)
1994–1995 Birmingham Barons (exterior)
1995–1998 Chicago Bulls (Escolta)263(7.736)
2001–2003 Washington Wizards (Ala, Escolta)142(3.015)
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992
1992Torneo das Américas de 1992
1984Xogos Olímpicos de 1984 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeYvette Prieto (2013–)
Juanita Vanoy (1989–2002) Editar o valor en Wikidata
FillosJeffrey Jordan
 () Juanita Vanoy
Marcus Jordan
 () Juanita Vanoy
Jasmine M. Jordan
Victoria Jordan
 () Yvette Prieto
Ysabel Jordan
 () Yvette Prieto Editar o valor en Wikidata
PaisJames R. Jordan, Sr. Editar o valor en Wikidata  e Deloris Jordan Editar o valor en Wikidata
IrmánsLarry Jordan
James Jordan Jr.
Roslyn Jordan
Deloris E. Jordan Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0003044 Allocine: 24521 Rottentomatoes: celebrity/michael_jordan Allmovie: p36302 TCM: 96901 Metacritic: person/michael-jordan TV.com: people/michael-jordan-1
Facebook: MichaelJordan BNE: XX1017832 Musicbrainz: 6b7ca527-582f-4792-a114-a8381b3c206e Songkick: 90933 Discogs: 568252 WikiTree: Jordan-13453 Editar o valor en Wikidata

Michael Jeffrey Jordan, nado o 17 de febreiro de 1963 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador de baloncesto estadounidense, home de negocios, e propietario maioritario dos Charlotte Hornets. A súa biografía na páxina web oficial da National Basketball Association (NBA) di: "Por aclamación, Michael Jordan é o mellor xogador de baloncesto de tódolos tempos."[1]

Despois dunha sobresaliente carreira na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, onde dirixiu aos Tar Heels a un Campionato Nacional en 1982, Jordan uniuse aos Chicago Bulls da NBA en 1984. Rapidamente destacou como unha das estrelas da liga, debido ás súas grandes actuacións e espectacular xogo, destacando sobre todo a súa capacidade de salto, que lle permitía poder facer mates dende a liña de tiros libres. Por mor disto recibiu os alcumes de "Air Jordan" e de "His Airness". Ademais tamén adquiriu a reputación de ser un dos mellores xogadores defensivos no baloncesto.[2] En 1991, gañou o seu primeiro campionato cos Bulls, seguido doutros dous títulos consecutivos en 1992 e 1993. Aínda que Jordan se retirou abruptamente do baloncesto ao inicio da tempada 1993-94 para seguir a súa carreira no béisbol, regresou aos Bulls en 1995, gañando outros tres campionatos consecutivos, 1996, 1997 e 1998. Jordan retirouse por segunda vez en 1999, mais regresou para dúas tempadas máis en 2001, esta vez como membro dos Washington Wizards.

Os recoñecementos individuais de Jordan inclúen cinco premios MVP, dez títulos de máximo anotador, seis MVP das Finais, catorce aparicións no All-Star Game, nomeado no mellor quinteto da NBA en dez ocasións, no defensivo nove veces, líder en roubos de balón durante tres anos, rookie do ano e premio ao mellor defensor da tempada. Ademais, dende 1983, apareceu na portada da prestixiosa revista deportiva Sports Illustrated en cincuenta ocasións, toda unha marca, ademais de ser nomeado "Deportista do Ano" en 1991. Tamén foi nomeado "mellor atleta do século XX" por ESPN. Foi elixido para o Basketball Hall of Fame o 6 de abril de 2009 e admitido o 11 de setembro de 2009. Ademais o seu dorsal está retirado polos Chicago Bulls e Miami Heat. Fóra do mundo puramente deportivo, Jordan é tamén coñecido polos seus patrocinios publicitarios, destacando ás súas zapatillas de deporte "Air Jordan" de Nike, introducidas en 1985 e aínda moi populares hoxe en día.[3]

  1. "Biografía de Jordan en nba.com". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2006. Consultado o 30 de marzo de 2010. 
  2. Air Jordan And Just Plain Folks
  3. 23 years later, Air Jordans maintain mystique

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne