Michael Schumacher

Modelo:BiografíaMichael Schumacher

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1969 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Hürth, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMarcel Niederhausen Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un (1991–2012), piloto de motociclismo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaLuxemburgo (1981–1983)
Alemaña (1983–) Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaFórmula 1 (1992–2012)
F-Nippon (pt) Traducir
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
1991-1991Jordan Grand Prix(Jordan 191 (pt) Traducir)
1991-1995Benetton Formula(Benetton B191 (pt) Traducir, Benetton B192 (pt) Traducir, Benetton B193 (pt) Traducir, Benetton B194 (pt) Traducir, Benetton B195 (pt) Traducir)
1996-2006Scuderia Ferrari(Ferrari F310 (pt) Traducir, Ferrari F300 (pt) Traducir, Ferrari F399 (pt) Traducir, Ferrari F2000 (pt) Traducir, Ferrari F2001 (pt) Traducir, Ferrari F2002 (pt) Traducir, Ferrari F2003GA (pt) Traducir, Ferrari F2004 (pt) Traducir, Ferrari F2005 (pt) Traducir, Ferrari 248 F1 (pt) Traducir)
2010-2012Mercedes(Mercedes MGP W01 (pt) Traducir, Mercedes MGP W02 (pt) Traducir, Mercedes F1 W03) Editar o valor en Wikidata
Participou en
2004Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2004 (1º)
2003Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2003 (1º)
2002Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2002 (1º)
2001Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2001 (1º)
2000Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000 (1º)
1995Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1995 (1º)
1991Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 (1º) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCorinna Schumacher (1995–) Editar o valor en Wikidata
FillosGina-Maria Bethke, Mick Schumacher Editar o valor en Wikidata
IrmánsRalf Schumacher Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmichael-schumacher.de Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1635856 Allocine: 37272 Rottentomatoes: celebrity/michael_schumacher_2 Allmovie: p493191 Metacritic: person/michael-schumacher
Facebook: michaelschumacherofficial Twitter: schumacher Instagram: michaelschumacher Youtube: UCXzRe4ayusF4IOSqEV-WGcA Musicbrainz: 4c8776d7-ed55-435f-931c-9557b09814ca Discogs: 2965429 WikiTree: Schumacher-1017 Editar o valor en Wikidata

Michael Schumacher (pronunciado /mɪçaeːl ʃuːmaxɐ/), nado en Hürth o 3 de xaneiro de 1969, é un ex-piloto alemán de Fórmula 1 que competiu entre 1991 ata 2006 e dende 2010 ata o 2012. Gañou sete campionatos mundiais de Fórmula 1: dous coa escudaría Benetton en 1994 e 1995,[1] e cinco con Ferrari entre 2000 e 2004,[1] Tamén foi subcampión en 1998 e 2006, terceiro en 1992, 1996 e 2005, cuarto en 1993 e quinto en 1999. Acumulou 91 vitorias e 155 podios, e está considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos.[2][3][4][5] Foi nomeado Laureus World Sportsman of the Year dúas veces.[6]

Posúe moitas das marcas de pilotos de Fórmula 1, incluíndo o maior número de campionatos, vitorias, voltas rápidas, poles e a maioría de carreiras gañadas nunha soa tempada, 13 en 2004 (a última destas marcas foi igualada polo seu compatriota alemán Sebastian Vettel nove anos máis tarde). En 2002, converteuse no único piloto na historia da Fórmula Un en terminar entre os tres primeiros en todas as carreiras da tempada e logo tamén rompeu a marca de máis podios consecutivos. De acordo coa web oficial da Fórmula Un, é "estatisticamente o piloto máis grande que viu o deporte".[7]

Logo de comezar co karting, Schumacher gañou os campionatos de pilotos alemáns de Fórmula 3 e Fórmula König antes de unirse a Mercedes no World Sportscar Championship. Logo dunha carreira financiada por Mercedes fichou polo equipo Jordan de Fórmula Un, Schumacher asinou como piloto para o equipo Benetton de Fórmula Un en 1991, terminando terceiro en 1992 e cuarto en 1993, Schumacher converteuse no primeiro alemán campión do mundo de pilotos en 1994 por un punto sobre Damon Hill. En 1995 repetiu o éxito, esta vez cun maior marxe. Schumacher mudouse a Ferrari en 1996 e estivo preto de gañar os títulos de 1997 e 1998, antes de romper a perna no Gran Premio do Reino Unido de 1999. A continuación gañou cinco títulos de pilotos consecutivos de 2000 a 2004. Schumacher retirouse da Fórmula Un en 2006, quedando en Ferrari como asesor.[8] Estivo preto dun oitavo título ese ano, pero debido a problemas técnicos nas dúas últimas carreiras quedou a pouca distancia de Fernando Alonso. Estivo a punto de volver para Ferrari en 2009, como substituto do gravemente ferido Felipe Massa, pero non puido debido a unha lesión no pescozo e regresou á Fórmula Un de forma permanente a partir de 2010 co equipo Mercedes. Retirouse por segunda vez na conclusión da tempada 2012.[9]

A súa carreira non estivo exenta de polémicas, incluíndo provocar en dúas ocasións colisións na última carreira da tempada que determinaron o resultado do Campionato do Mundo, con Damon Hill na tempada de 1994 en Adelaide e con Jacques Villeneuve na tempada de 1997 en Xerez.[10] Fóra da pista Schumacher foi embaixador da UNESCO e voceiro de seguridade dos pilotos. Participou en numerosos esforzos humanitarios en toda a súa vida e doou decenas de millóns de dólares á caridade.[11] Schumacher e o seu irmán menor, Ralf, son os únicos irmáns que gañaron carreiras na Fórmula Un, e foron os primeiros irmáns en terminar primeiro e segundo na mesma carreira, unha fazaña que repetiron en catro carreiras posteriores.

En decembro de 2013, sufriu unha lesión grave na cabeza mentres esquiaba. Foi trasladado en helicóptero a un hospital e provocóuselle un coma inducido, logo de sufrir unha lesión cerebral traumática. Estivo en coma durante seis meses desde o 29 de decembro 2013 ata o 16 de xuño de 2014. Abandonou o hospital en Grenoble para recibir rehabilitación no Hospital Universitario (CHUV) de Lausana .[12] O 9 de setembro de 2014, regresou á súa casa para a súa posterior rehabilitación.[13] En novembro de 2014, informouse de que Schumacher estaba paralizado e en cadeira de rodas, como consecuencia do accidente.[14]

  1. 1,0 1,1 "Michael Schumacher, inmensa carrera en tres actos - Panorama" (en español). 30 de diciembre de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2014. 
  2. Benson, Andrew (12 October 2003). "Who is the greatest ever?". BBC Sport. Consultado o 30 July 2011. 
  3. "The final five could all have been No. 1, but only Foyt gets the prize". ESPN. 23 May 2008. Consultado o 18 July 2011. 
  4. "Formula 1's Greatest Drivers: 2. MICHAEL SCHUMACHER". Autosport. Haymarket Publications. 10 December 2009. Consultado o 10 December 2009. 
  5. Rice, Simon (12 March 2010). "The ten best Formula One drivers". The Independent (UK: Independent Print Limited). Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 30 July 2011. 
  6. "Winners Archive Michael Schumacher". Laureus World Sports Awards. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2018. Consultado o 9 August 2014. 
  7. "Michael Schumacher – the end of an era". The Official Formula 1 Website. 10 September 2006. Consultado o 24 October 2006. 
  8. "It's official: Schumi to retire". ITV. 11 September 2006. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2006. Consultado o 24 October 2006. 
  9. "Michael Schumacher to retire from Formula 1 at end of season". BBC Sport. 4 October 2012. Consultado o 4 January 2014. 
  10. Benson, Andrew (28 May 2006). "Schumacher's chequered history". BBC Sport. Consultado o 8 November 2006. 
  11. Duff, Alex (10 September 2006). "Schumacher, Seven-Time Champion, to Quit Formula One (Update1)". Bloomberg. Consultado o 18 January 2007. 
  12. "Neuro-rééducation: Au CHUV, Michael Schumacher recevra des soins de pointe – News Vaud & Régions: Lausanne & Région – 24heures.ch". 24heures.ch/. Consultado o 9 September 2014. 
  13. "BBC News – Michael Schumacher leaves hospital for recovery at home". BBC News. Consultado o 9 September 2014. 
  14. "Michael Schumacher: 'paralysed and in a wheelchair'". The Telegraph. Consultado o 19 November 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne