Michif | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá e os Estados Unidos de América | |
Total de falantes: | 1.800 (censo de 2021) | |
Familia: | Linguas crioulas Crioulo de base cree e francés Michif | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | crg
| |
Mapa | ||
Status | ||
O michif (tamén escrito mitchif, mechif, michif-cree, métif, métchif ou cree francés) é un das linguas do pobo métis do Canadá e os Estados Unidos, os cales son descendentes das Primeiras Nacións (principalmente cree, nakota, e ojibwa) e comerciantes europeos de peles (principalmente franceses). O michif xurdiu a comezos do século XIX como unha lingua mixta[2] e adoptou unha forma consistente entre 1820 e 1840.
O michif combina cree e o francés dos métis (Rhodes 1977, Bakker 1997:85), unha variedade do francés canadense con algúns préstamos do inglés e varias linguas indíxenas de América, como o ojibwa e o assiniboine. En xeral, a fonoloxía, o léxico, a morfoloxía e a sintaxe dos substantivos derivan do francés métis, mentres que os verbos derivan do cree das chairas (un dialecto occidental do cree). Os artigos e adxectivos tamén son de orixe francesa métis mais os demostrativos son cree das chairas.