Microraptor Rango fósil: Cretáceo inferior | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Fósil | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Microraptor ( do grego "pequena rapaz") é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos, que viviron a principios do período Cretáceo, fai aproximadamente 130 e 125 millóns de anos, no Barremiano, no que hoxe é Asia.
Como Archaeopteryx, Microraptor prové importante información das relacións evolutivas entre aves e dinosauros. Posúe longas plumas pennáceas que forman superficies de sustentación en patas, brazos e cola. Xu (2003) descríbeo como un "dinosauro de catro ás", e especula que puido usar os catro membros para fornecerse elevación. Dúas especies foron nomeadas, M. zhaoianus e M. gui. Suxeriuse recentemente que todos os espécimes pertencen a unha soa especie, que se chamaría M. zhaoianus. Cryptovolans, outro dromeosáurido de catro ás, pode tamén ser unha especie de Microraptor.[1]