Microsoft Windows

Microsoft Windows
DesenvolvedorMicrosoft
Lanzamento20 de novembro de 1985; hai 39 anos (1985-11-20)
En galegoSi
Sitio webhttps://windows.com/

Microsoft Windows é unha liña de sistemas operativos gráficos privativos desenvolvidos e comercializados por Microsoft. Está agrupada en familias e subfamilias que atenden a sectores particulares da industria informática: Windows para unha estación de traballo de consumo ou corporativa, Windows Server para un servidor e Windows IoT para un sistema integrado. Windows véndese por separado ou pode vir incluído en produtos de terceiros.

Windows é o sistema operativo de escritorio máis popular do mundo, cunha cota de mercado do 70% en marzo de 2023, segundo StatCounter;[1] non obstante, cando se inclúen os sistemas operativos móbiles, non é o máis utilizado, a favor de Android.[2]

  1. "Desktop Operating System Market Share Worldwide". statcounter.com. Arquivado dende o orixinal o 2020. Consultado o 2023. 
  2. "Microsoft gets real, admits its device share is just 14%". computerworld.com. Arquivado dende o orixinal o 2016. Consultado o 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne