Microsporum | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Microsporum canis | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especie tipo | |||||||||||
Microsporum audouinii Gruby (1843) | |||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||
|
Microsporum é un xénero de fungos ascomicetos que causa dermatomicoses (infeccións fúnxicas) na pel en animais e humanos como a tiña da cabeza, tiña do corpo, dermatofitose e outras.[2]
Microsporum forma tanto macroconidios (grandes estruturas reprodutoras asexuais) coma microconidios (estruturas reprodutoras tamén asexuais pero máis pequenas) en curtos conidióforos. Os macroconidios son hialinos, multiseptados, de formas variables, de fusiformes a obovados, cun tamaño de 7–20 × 30–160 um, con paredes celulares delgadas ou grosas de equinuladas a verrugosas. A súa forma, tamaño e características da parede celular son importantes para a identificación das especies. Os microconidios son hialinos, unicelulares, de piriformes a clavados, de paredes lisas, cun tamaño de 2,5–3,5 × 4–7 um e non serven de diagnóstico para ningunha especie.[3]
A separación deste xénero de Trichophyton está baseada esencialmente na rugosidade da parede celular macroconidial, aínda que na práctca isto pode ser difícil de apreciar. Describíronse 17 especies de Microsporum.[4] Non obstante, en 2017 propúxose restrinxir o xénero só as especies M. audouinii, M. canis e M. ferugineus, e pasar as demais especies aos xéneros Lophophyton, Nannizzia e Paraphyton (de Hoog et al. 2017).[5]
Microsporum audouinii é parasito e causa micoses só en humanos. Microsporus canis e M. gallinae causan micoses en animais, pero desde eles poden infectar a humanos. Hai especies que viven no solo como saprófitos, nutríndose da queratina que encontran ali (pelos, plumas, escamas), e que poden infectar directamente a animais e humanos, como M. gypseum, M. fulvum, M. nanum e M. cookei.[6]
As propiedades queratinolíticas que posúe a especie Microsporum cookei suxiren que este fungo podería utilizarse para reciclar grandes cantidades de residuos queratínicos industriais.[7]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Species Fungorum synonymy