Mikoyan | |
---|---|
![]() | |
Tipo | división |
Fundación | 8 de decembro de 1939 |
Matriz | United Aircraft Corporation |
Localización | Moscova |
Fundador | Artem Mikoyan e Mikhail Gurevich |
Industria | aeroespacial e defensa |
Produtos | avións |
Na rede | |
http://www.migavia.ru/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Russian Aircraft Corporation MiG (ruso: Российская самолетостроительная корпорация «МиГ») é unha empresa aeroespacial rusa. A súa sede atópase no distrito de Begovoy de Moscova.[1]
Os avións MiG son un elemento básico das forzas aéreas soviética e rusa, e a Unión Soviética vendeu moitos deses aparellos dentro da súa esfera de influencia. Foron usados polos exércitos de Corea do Norte, Vietnam do Norte, India e tamén en confrontacións aéreas con forzas estadounidenses e aliadas, ademais de formar parte das forzas aéreas de moitas nacións árabes.
No ano 2006 Mikoyan converteuse nunha división de United Aircraft Corporation tras unha fusión con Ilyushin, Irkut, Sukhoi, Tupolev, e Yakovlev por un decreto do presidente ruso Vladimir Putin.[2]