O mildio[1] (do inglés mildew, por vía do francés mildiou, balor, mofo) é unha enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados (follas, flores e froitos). Outros cultivos como a cebola, a pataca e o tomate tamén sofren o mildio. Común nas videiras galegas, nalgunhas zonas de Galiza chámanlle mildeu[2] e mera[3].
O termo mildio é moi xenérico e se refire a calquera tipo de microbio tipo oomicetos que son parasitos das plantas. O mildio pertence exclusivamente a Peronosporaceae. Na agricultura profesional é un problema especialmente para os produtores de crucíferas (Brassicaceae), viñas e hortalizas (especialmente as que medran en emparrados). O principal exemplo é Peronospora farinosa presentado en NCBI-Taxonomy e HYP3. Este patóxeno non produce estruturas de supervivencia nos estados do norte dos EUA, e hiberna a xeito de colonias vivas de mildio nos estados da Costa do Golfo. Cada primavera vai avanzando cara ao norte coa progresiva produción de cucurbitáceas. As perdas de rendemento na agricultura por mor do mildio está máis asociada ás podremias brandas que ocorren despois de que as follas caian e se produzan queimaduras solares nos froitos. O mildio das cucurbitáceas só afecta ás cucurbitáceas.