Milgrandeira

Milgrandeira

Milgrandas, froito da milgrandeira.
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotyledoneae
(sen clasif.): Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Lythraceae
Xénero: Punica
Especie: P. granatum
Nome binomial
Punica granatum
L., Sp. Pl., 1: 472, 1753[1]
Sinonimia
  • Punica florida Salisb.
  • Punica grandiflora hort. ex Steud.
  • Punica nana L.
  • Punica spinosa Lam.[1]

A milgrandeira ou miligranda[2] (Punica granatum) é un arbusto ou pequena árbore froiteira caducifolia, de tronco retorto e moi ramalluda, cultivada desde a máis remota Antigüidade polos seus froitos comestíbeis, as milgrandas, tamén chamadas granadas[3] (o nome milgranda tamén se lle pode dar á árbore).[4][5]

Orixinaria da zona dos actuais Irán e Iraq, a milgranda cultívase no Cáucaso desde tempos moi antigos. Desde alí o seu cultivo estendeuse a outras zonas asiáticas, Oriente Medio e Mediterráneo, alcanzando até o Himalaia, no norte da India.

Na actualidade é amplamente cultivada en toda Turquía, Irán, Siria, Azerbaidján, Armenia, Afganistán, India, Paquistán, Bangladesh, Iraq, Líbano, Exipto, a China, o Xapón, Birmania, Arabia Saudita, Israel, Xordania, as partes máis secas do sueste de Asia, a rexión mediterránea do sur de Europa e a África tropical.[6] Introducida en América Latina e en California polos colonizadores españois en 1769, cultívase tamén en partes de California e Arizona para a produción de zume.[7]

No hemisferio norte a granada é froita de temporada normalmente desde setembro até febreiro.[8] No Hemisferio Sur está en temporada desde marzo até maio.

A milgranda aparece mencionada en numerosos textos antigos, como no Libro do Éxodo, nos Himnos homéricos e no Corán.

Nos últimos anos alcanzou un protagonismo principal nos mercados comerciais de todo o hemisferio occidental.[7]

  1. "Punica granatum L., The Plant List, Version 1". Royal Botanic Gardens, Kew and Missouri Botanical Garden. 2010. 
  2. Nome vulgar da planta en Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009;Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para granada.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milgranda.milgranda s.f. 1. Árbore da familia das punicáceas (Punica granatum), de tronco retorto, follas oblongas e flores vermellas, que dá como froito a granada. A milgranda cultívase no sur da Península Ibérica. 2. Froito desta árbore, de forma arredondada, casca dura dunha cor amarelada tirando a vermella, carne constituída por moitos grans de cor granate ou vermella escura, de sabor doce, que conteñen gran cantidade de zume. A forma da milgranda é semellante á da mazá. SIN. granada. (Definición do DRAG, 2012 Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.)
  5. milgranda s.f. Froito da milgrandeira, de cor vermella escura e carne constituída por grans de moito zume, separados en varios grupos por tabiques membranosos [é comestible e emprégase en medicina contra s doenzas da gorxa].
    milgrandeira s.f. Árbore da familia das punicáceas (Punica grnatum), con ramas delgadas, follas opostas, oblongas, enteiras e lustrosas, flores case sentadas, vermellas e cos pétalos algo dobrados [que dá como froito a milgranda].
    (Definicións do Gran dicionario Xerais da lingua, 2009.
  6. "Pomegranates: An Exquisite Fruit". Exotic Fruit for Health. 19 agosto 2011. Arquivado dende o orixinal o 10/04/2012. Consultado o 9/4/2012. 
  7. 7,0 7,1 Purdue New Crops Profile, Pomegranate
  8. LaRue, James H. (1980). "Growing Pomegranates in California". California Agriculture and Natural Resources. Arquivado dende o orixinal o 05/05/2008. Consultado o 9/4/2012. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne