Mimivirus

Mimivirus.

Os Mimivirus son un grupo de virus de gran tamaño que posúen ADN de cadea dupla e cuxas partículas maduras miden 400 nm de diámetro. O seu ADN posúe 800.000 pares de bases e 900 xenes.

O primeiro foi descuberto en 1992 nunha torre de refrixeración industrial en Bradford (Inglaterra) e identificado en 2003 por un grupo de investigadores da Université de le Méditerranée (Universidade do Mediterráneo) en Marsella (Francia). O virus, que foi descuberto mentres se estudaba a lexionelose (enfermiadade causada poa bacteria Legionella), encontrouse dentro da ameba acuática Acanthamoeba polyphaga. Á súa vez, tamén se encontraron anticorpos para este virus en mostras de sangue humano.

Debe o seu nome a que cando foi descuberto se confundiu cunha bacteria debido ao seu gran tamaño, e a que "imitaba" (en inglés mimic) mediante unha tinguidura de Gram a dunha bacteria grampositiva.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne