![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.331.473 (2015) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 10.572 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar da China Meridional, Mar de Sulu e Mar de Sibuyan (pt) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 2.585 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Halcon (pt) ![]() ![]() | ||||
Mindoro é a sétima illa máis grande de Filipinas. Atópase ao suroeste de Luzón e ao nordés de Palawan. Antigamente, Era chamada Ma-i ou Mait polos comerciantes chineses, e Mina de Oro polos españois, de onde este territorio obtivo o seu nome.
A illa foi dividida en dúas provincias actualmente existentes, Mindoro Occidental e Mindoro Oriental, en 1950. Antes deste suceso, desde 1921, a illa enteira conformaba unha soa provincia.
De acordo co historiador William Henry Scott, no seu libro Prehispanic Source Materials For The Study of Phillipine History (1984), durante a Dinastía Sung, no ano 972, "Ma-i" era un importante comerciante con China. Noutros rexistros chineses,"Ma-i" ou "Mindoro" aparece nos anos seguintes.
Este libro tamén nomea os produtos que os comerciantes de Mindoro intercambiaban cos chineses, sendo os máis importantes a cera de abella, o algodón, perlas, caparazóns de tartaruga, noces de betel medicinais e roupas de yute. Para a porcelana chinesa, comercializábanse produtos como o ouro, recipientes de aceiro, chumbo, contas de vidro de cores e agullas de aceiro.