Miticultura

Bateas na ría de Vigo, entre Vigo e Moaña.
Batea na ría de Vigo.
Viveiros de ostras e mexillóns nas rías Baixas.

A miticultura[1] ou mitilicultura[2] (de Mytilus, nome científico do mexillón) é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas, e xera unha importante economía indirecta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para miticultura.
  2. Entrada "mitilicultura" en Digalego.com

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne