Modern Vampires of the City | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Vampire Weekend | ||||
Publicado | 14 de maio de 2013 | |||
Gravación | 2011 - 2013 | |||
Estudio(s) | Vox Recording Studios, Hollywood; SlowDeath Studios, Nova York | |||
Duración | 42:54 | |||
Xénero(s) | indie rock | |||
Selo(s) | XL Recordings | |||
Produtor | Rostam Batmanglij, Ariel Rechtshaid | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Modern Vampires of the City é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Vampire Weekend, publicado o 14 de maio de 2013 a través do selo XL Recordings. Tras a edición no ano 2010 de Contra, o grupo saíu de xira e compuxo novo material durante as probas de son. Tras un período no cal os seus membros adicáronse a outros proxectos musicais, reagrupáronse e comezaron a traballar no seu terceiro traballo en 2011.
Modern Vampires of the City é un intento da banda de distanciarse do son co que se lle asociou tras o lanzamento dos seus dous primeiros discos. En gran parte experimental, o son do álbum é resultado de distintas técnicas de gravacións pouco convencionais, como o pitch shifting. A portada é unha fotografía de 1966 de Neal Boenzi do día con máis contaminación no aire de Nova York, no que a polución matou polo menos a 169 persoas.
Modern Vampires of the City estreouse no número 1 da lista Billboard 200 tras vender 134.000 copias na súa primeira semana, converténdose no segundo álbum consecutivo do grupo en acadar esa posición. A publicación online Pitchfork Media elixiu este traballo como o mellor álbum do ano 2013.[1] En outubro de 2019 Pitchfork situou o disco no número 7 da súa lista dos 200 mellores álbums da década de 2010.[2]