Modest Mouse | |
---|---|
Orixe | Issaquah, Washington, |
Período | 1993 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Epic, Up, K, Matador |
Membros | Isaac Brock Jeremiah Green Joe Plummer Tom Peloso Jim Fairchild Russell Higbee Lisa Molinaro |
Antigos membros | Robin Peringer John Wickhart Dann Gallucci Benjamin Weikel Johnny Marr Eric Judy |
Artistas relacionados | Ugly Casanova, Seasick Steve, The Shins |
Na rede | |
modestmousemusic.com | |
Modest Mouse é unha banda estadounidense de indie rock, formada en 1993 en Issaquah, Washington, aínda que no presente está baseada en Portland, Oregón. Os membros fundadores do grupo foron o vocalista e guitarrista Isaac Brock, o batería Jeremiah Green e o baixista Eric Judy. O grupo estaba fortemente influenciado por Pavement, Pixies, XTC, e Talking Heads, e ensaiou, arranxou e gravou demos durante case dous anos antes de fichar finalmente polo pequeno selo independente K Records e lanzar un feixe de sinxelos.
Dende o seu álbum de estrea en 1996, This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About, a súa formación centrouse en Brock, Green e Judy, pasando por numerosos cambios. A banda conseguiu éxito no mainstream co seu cuarto álbum, Good News for People Who Love Bad News (2004), e os seus sinxelos "Float On" e "Ocean Breathes Salty". Judy participou en todos os discos do grupo ata a súa marcha en 2012. O guitarrista Johnny Marr (antigamente en The Smiths) uniuse ao grupo en maio do 2006, xunto co percusionista Joe Plummer (antes en The Black Heart Procession) e o multi-instrumentista Tom Peloso, para traballar no álbum We Were Dead Before the Ship Even Sank. O guitarrista Jim Fairchild uniríase en febreiro do 2009.[1] O sexto traballo da banda, Strangers to Ourselves, lanzouse o 17 de marzo de 2015. O sétimo e derradeiro ata a data, The Golden Casket, apareceu o 25 de xuño de 2021.