Na mitoloxía grega, as moiras son tres deusas, irmás entre si, que rexen e deciden o destino dos homes, e cando e como van morrer. Cada ser humano ten a súa moira, é dicir, a súa parte de felicidad e de desgraza [1]. Segundo a tradición grega, aparecían ós poucos días do parto para determinar o curso da vida do meniño.
Teñen o seu equivalente nas Parcas (ou Fatae) da mitoloxía romana, aínda que "a Parca", en singular, fai referencia a Átropos. Por veces identifícanse coas Erinias (xenios alados, con serpes entre os cabelos), fillas de Xea a partir do sangue de Urano [2].