Monforte de Lemos, Monforte de Lemos

Monforte de Lemos
Castelo de Monforte e Mosteiro de San Vicente do Pino
ConcelloMonforte de Lemos[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°31′18″N 7°30′51″O / 42.52165, -7.51422
Poboación16.240 hab. (2017)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Monforte de Lemos é unha parroquia, o núcleo urbano e a capital municipal do concello de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 16.100 habitantes, deles 7.634 eran homes e 8.466 eran mulleres, distribuídos en 4 parroquias.

Limita coas parroquias de Seoane e Ribas Altas ao norte, Reigada, Bascós e Caneda ao leste, Santa Mariña do Monte, As Nocedas, Gullade e Piñeira ao sur, e A Vide ao oeste.

As parroquias eclesiásticas do núcleo urbano de Monforte de Lemos son:

  • Nosa Señora da Régoa
  • Sagrado Corazón da Estación
  • San Antón
  • San Vicente do Pino
  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne