Monitor de estudio

Un monitor de estudio reproduce o sinal de son de forma transparente, dando unha resposta lineal, sen alteracións e sen coloración. Estes monitores sempre teñen unha marxe de erro, pero sempre será un sinal máis puro que calquera equipo hi-fi, que adoitan colorear o sinal en graves e agudos para facer un son máis “redondo” ou agradable. Son un dos elementos máis importantes nun estudio de gravación porque deles se sacará a mestura final.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne