A morcilla ou morcela[1] é un embutido sen carne, recheo principalmente con sangue (na súa maioría de porco) callado, de cor escura característica.[2] É un alimento moi estendido que pode atoparse en moitos países, con moitas variedades. A súa elaboración estivo desde sempre intimamente unida á mata do porco, de cando en cando a outros animais, como a vaca ou o cabalo.