Mordor | |
---|---|
Legendarium de J. R. R. Tolkien | |
![]() Bandeira co Ollo de Sauron, señor de Mordor.[T 1] | |
![]() Mordor (vermello) e a súa esfera de influencia (rosa) Terra Media, Terceira Idade 3019. | |
Primeira aparición | O Señor dos Aneis |
Información | |
Tipo | Reino de Sauron |
Gobernante | Sauron |
Localización | Leste de Gondor |
Lugares | Capital: Barad-dûr |
Mordor (en sindarin "país negro") é un país ficticio da Terra Media, o universo de ficción de J. R. R. Tolkien. Foi a rexión onde se refuxiou o Señor Escuro Sauron ata a conclusión da Guerra do Anel, no ano 3019 TI. É a terra do mal por excelencia na obra de Tolkien.
Nesta rexión principalmente volcánica, situada ó leste de Gondor, Sauron forxou o Anel Único nas fraguas do Monte do Destino, contra o ano 1600 SI, co obxectivo de dominar por completo ós pobos da Terra Media. Miles de anos despois, Mordor converteuse no escenario das últimas aventuras dos membros da Irmandade do Anel no seu afán por destruír o Anel Único, durante a Guerra do Anel.
Erro na cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "T", pero non se atopou a etiqueta <references group="T"/>
correspondente