Mosteiro de Pedralbes | |
---|---|
![]() Vista aérea do Mosteiro de Pedralbes. | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Tipo | Mosteiro |
Advocación | Santa María |
Localización | Pedralbes |
Coordenadas | 41°23′44″N 2°06′44″L / 41.39555556, 2.11222222 |
Culto | |
Diocese | Arquidiocese de Barcelona |
Orde relixiosa | Orde de Santa Clara |
Arquitectura | |
Construción | 26 de marzo de 1326 - 3 de maio de 1327 |
Estilo | gótico |
Páxina web | https://www.monestirpedralbes.barcelona |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Real mosteiro de Santa María de Pedralbes (en catalán: Reial monestir de Santa Maria de Pedralbes) é un convento da orde das clarisas que se atopa no barrio de Pedralbes de Barcelona. Os seus edificios forman un notable conxunto monumental de estilo gótico.[1] Dende o mes de marzo de 2012, o Mosteiro de Pedralbes é un centro patrimonial adscrito no Instituto de Cultura de Barcelona. No 2013, recibiu 64 200 visitantes.[2]