Motor de busca

Un motor de busca ou buscador é un sistema informático que procura arquivos almacenados en servidores web, un exemplo son os buscadores de Internet (algúns buscan só na Web pero outros buscan ademais en News, Gopher, FTP etc.) cando lles pedimos información sobre algún tema. As procuras fanse con palabras clave ou con árbores xerárquicas por temas; o resultado da procura é unha listaxe de direccións Web nas que se mencionan temas relacionados coas palabras clave buscadas.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne