Moulinsart (francés: Le château de Moulinsart [mu.lɛ̃.saʁ]), é a casa de campo do capitán Haddock, o Castelo de Moulinsart ou Mansión Pasador, é un lugar ficticio nas bandas deseñadas de As aventuras de Tintín, do debuxante e guionista belga Hergé.
O nome orixinal en francés do castelo, "Moulinsart", deriva de Sart-Moulin, unha aldea próxima a Braine-l'Alleud no Brabante Valón, Bélxica. Polo que na banda deseñada supónse situado nalgún lugar probablemente de Valonia. Nas aventuras de Tintín é, a partir dun determinado momento, a residencia habitual do protagonista, Tintín, o seu can Milú, do capitán Haddock e do profesor Tornasol, ademais do mordomo Néstor. As súas características están inspiradas no castelo de Cheverny, da rexión francesa do Loira, aínda que Hergé suprimiu as ás laterais para darlle unha aparencia máis modesta.
A corporación belga que xestiona a obra de Hergé (principalmente Tintín) tamén se denomina Moulinsart S.A.