Mucina

Micrografía mostrando células con vacúolos intracitoplasmáticos prominentes ateigadas de mucina con tinguidura Papanicolau.

As mucinas son unha familia de proteínas de alto peso molecular e moi glicosiladas (glicoproteínas) producidas polas células dos tecidos epiteliais da maioría dos metazoos, que son a parte principal das secrecións mucosas.[1] A principal característica das mucinas é a súa capacidade para formar xeles, polo que son un compoñente chave na maioría das secrecións con textura xelatinosa ou mucosa, cumprindo funcións que van desde a lubricación á sinalización celular pasando pola formación de barreiras físicas e químicas onde con frecuencia xogan un papel inhibitorio.[1] Algunhas mucinas están relacionadas co control da mineralización de tecidos, como por exemplo na formación do nácar en moluscos,[2] a calcificación en equinodermos [3] e a formación de óso en vertebrados.[4] Estas proteínas cumpren tamén unha función no sistema inmune atrapando organismos patóxenos. A sobreexpresión de mucinas, en especial da MUC1 está asociada a moitos tipos de cancro.[5]

A pesar de que moitas mucinas están unidas á membrana plasmática debido a que posúen un dominio hidrofóbico que favorece a súa retención na membrana plasmática, a maior parte das mucinas son segregadas na superficie das mucosas ou formando parte de fluídos biolóxicos tales como a saliva.

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Marin2008
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Marin2000
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Boskey2003
  4. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Midura1996
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome pmid18407586

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne