Nome | Munster Rugby | ||
---|---|---|---|
Unión | IRFU | ||
Alcume(s) | The Red Army | ||
Fundación | 1879; hai 146 anos | ||
Sede | Limerick e Cork, Irlanda | ||
Estadio(s) | Thomond Park (25.600 espect.) Musgrave Park (8.008 espect.) | ||
Presidente | Michael Keane | ||
Adestrador | Johann van Graan | ||
Capitán | Peter O'Mahony | ||
Caps | Donncha O'Callaghan (268) | ||
Anotador | Ronan O'Gara (2.625) | ||
Ensaios | Simon Zebo (60) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 2º (conferencia A) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.munsterrugby.ie/ | |||
O Munster Rugby (en irlandés: Rugbaí Mumhan) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións (Champions Cup). O equipo representa á sección de Munster da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.[1] O estadio principal do equipo é o Thomond Park de Limerick, recinto con capacidade para 25.600 espectadores. Con todo, ás veces tamén xogan no Irish Independent Park de Cork, con capacidade para 8.008. Entre os principais títulos obtidos polo club, están dúas Champions Cup (2006 e 2008) e tres Pro14 (2003, 2009 e 2011).
O equipo de Munster foi fundado oficialmente en 1879, á vez que os equipos das provincias de Leinster e Ulster, sendo o de Connacht fundado unha década despois en 1889. Porén, o primeiro xogo interprovincial entre representantes das provincias xa se disputara en 1875. O Munster tradicionalmente fornecía ao seu equipo con xogadores de clubs da cidade de Limerick, onde o rugby é moi popular e xogado a todos os niveis. O lema do equipo é "To the brave and faithful, nothing is impossible" (do inglés: Para os valentes e os leais, nada é imposíbel), o cal provén do lema do clan Mac Cárthaigh "Forti et Fideli nihil difficile".