Museo de Pontevedra

Museo de Pontevedra
Edificios García Flórez (á esquerda) e Castro Monteagudo
Coordenadas42°25′57″N 8°38′35″O / 42.432555, -8.642944
PaísEspaña
CidadePontevedra
Inauguración30 de decembro de 1927
Superficie10.000 m²
Visitantes188 600 [1]
Na rede
https://museo.depo.gal/
BNE: XX135670 Dialnet: 3777017
editar datos en Wikidata ]

O Museo de Pontevedra, tamén coñecido como Museo Provincial de Pontevedra, foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

  1. "188.599 personas visitaron el Museo de Pontevedra el pasado año". Pontevedra Viva (en castelán). 4 de xaneiro de 2024. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne