Museos Vaticanos | |
---|---|
Os Museos Vaticanos dende a Basílica de San Pedro. | |
Coordenadas | 41°54′23″N 12°27′16″L / 41.906388888889, 12.454444444444 |
País | Cidade do Vaticano |
Cidade | Cidade do Vaticano |
Director | Barbara Jatta |
Inauguración | 1506 |
Na rede | |
http://www.museivaticani.va | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Os Museos Vaticano (en italiano: Musei Vaticani) atópanse na Cidade do Vaticano, en Roma. Situados a carón da basílica de San Pedro, compóñense de diferentes edificios de museos, edificios pontificios, galerías, monumentos e xardíns. A base das súas obras foi a colección privada de Xulio II, que foi escollido papa en 1503. Co paso do tempo outros papas aumentaron as extensas coleccións que gardan estes museos. A este conxunto de edificios tamén pertence a Biblioteca Vaticana, unha das mellores do mundo.[1]
Os Museos Vaticanos foron visitados por 4 310 083 persoas no ano 2007.[2]