Musgos (Bryophyta sensu stricto) Rango fósil: carbonífero - actualidade [1] | |||||
---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||
| |||||
Clases | |||||
Os musgos[2] ou carrizas (Bryophyta sensu stricto) son unha división do reino das plantas que comprende unhas 12.000 especies.[3]
Son plantas non vasculares que presentan un ciclo vital con alternancia de xeracións heterofásica e heteromórfica, o gametófito desenvolve gametanxios, anteridios e arquegonios. Os arquegonios están rodeados por unha envoltura protectora de células estériles. Tras a fecundación o cigoto desenvolve un embrión pluricelular (embriófitos) alimentado pola célula nai. Pódense reproducir sexual ou asexualmente. A reprodución sexual realízase no interior do arquegonio. A reprodución asexual realízase mediante fragmentación do gametófito, por xemación do protonema. En xeral, segundo a especie acadan unha altura de 1 a 10 cm, aínda que existen algunhas especies de maior envergadura.
Os esporanxios presentan unha envoltura de células estériles. Pode aparecer unha cutícula que protexe ás células da evaporación, pero é moi fina, polo cal os briófitas perden axiña a humidade. Pode aparecer un sistema condutor moi simplificado.
Cloroplastos con clorofila a e clorofila b, ademais de carotenoides; amidón como material de reserva; paredes celulares con celulosa, carecen de lignina.
Hai unhas 24.000 especies.
Anteriormente considerábanse clases desta división ás: