Mushishi | |
---|---|
蟲師 (Mushishi) | |
Manga | |
Creado por | Yuki Urushibara |
Editor | Kodansha |
Publicado en | Afternoon |
Primeira edición | 1999 |
Última edición | 2008 |
Núm. de volumes | 10 |
Anime '' | |
Dirixido por | Hiroshi Nagahama |
Estudio | Artland |
Canle televisiva | Fuji TV, BS Fuji, Animax |
Primeira emisión | 22 de outubro de 2005 |
Última emisión | 18 de xuño de 2006 |
Núm. de capítulos | 26 |
Mushishi (xaponés: 蟲師) é unha serie de manga e anime xaponesa, escrita e ilustrada por Yuki Urushibara, e publicada pola editorial Kodansha na revista mensual Afternoon dende 1999 ata agosto de 2008.
O manga foi adaptado nun anime do mesmo nome en 2005. A produción correu a cargo do estudio Artland e foi dirixida por Hiroshi Nagahama. O 24 de marzo de 2007 estreouse unha longametraxe “live-action” sobre a obra, dirixida por Katsuhiro Otomo.
O manga gañou o premio á excelencia no Japan Media Arts Festival de 2003 e o Premio Kōdansha ó mellor manga en 2006.