My Little Pony | |
---|---|
![]() | |
Creado por | Bonnie Zacherle |
Na rede | |
https://shop.hasbro.com/en-us/my-little-pony | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
My Little Pony é unha franquía de entretemento desenvolvido pola compañía de xoguetes Hasbros. Os primeiros destes xoguetes foron desenvolvidos por Bonnie Zacherle, Charles Muenchinger e Steve D'Aguanno desde 1983. Os ponis teñen corpos de cores, crinas e un símbolo nun ou ambos os lados. Estes símbolos reciben desde 2003 o nome de "Cutie marks". My Little Pony foi renovado varias veces con novas e máis modernas aparencias para un novo mercado.
Tras o xoguete orixinal My Pretty Pony, introducido en 1981, "My Little Pony", foi lanzado en 1983 e a liña tornouse popular na década de 1980. A liña de xoguetes orixinal funcionou entre 1983 e 1995 (1992 nos Estados Unidos), e durante ese período foron producidos especiais de animación, un filme de animación, e catro series de televisión animada.
As vendas da marca aumentaron moito coa introdución da cuarta xeración da franquía, que comezou co éxito da serie animada de televisión en 2010. A marca recadou millóns de dólares en vendas polo miúdo en 2014[1][2] e 650 millóns en 2013.[3]